XINZO TERÁ UNHA CANDIDATA Ó CONGRESO O 23 DE XULLO

Alba Feixoó (medio)- Foto de campaña
XINZO TERÁ UNHA CANDIDATA Ó CONGRESO O 23 DE XULLO

Alba Feixóo, do Bng, ocupará o terceiro lugar na lista na provincia de Ourense

O Bloque Nacionalista Galego está en auxe na Limia e reflícteo tamén a presenza dunha integrante da agrupación en Xinzo de Limia na lista electoral para o Congreso dos Deputados do próximo mes.

Alba Feixóo é avogada e exerce na súa vila natal, Xinzo. Está especializada en procesos contencioso-administrativos onde e en dereito financeiro onte ten xa ten obtido éxitos notables.

Ocupa o terceiro lugar detrás de Noa Presas, actual deputada do Bng no Parlamento de Galicia e Eugenio Quintas Albores, concelleiro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de Verín.

O Bng ten opcións de sacar unha acta en Ourense por primeira vez e de aí a escolla de tres primeiras espadas de alto nivel.