Xinzo xa conta cunha rede de fibra óptica libre a máxima velocidade

FlyerXinzoIdatia
Xinzo xa conta cunha rede de fibra óptica libre a máxima velocidade
IDATIA, e a comercializadora desta nova rede de fibra a alta velocidade simétrica

Dende fai unhas semanas estivemos vendo polas rúas de Xinzo, varios traballadores montando liñas de fibra polas rúas de Xinzo, e todos nos preguntábamos, que cal era a compañía que estaba a facer a nova instalación.

Durante a pandemia e mesmo este verán, o pleno do concello de Xinzo, mandou escritos as compañías telefónicas, queixándose do pésimo servicio de fibra que tíñamos no caso urbano de Xinzo.

FIBRA A 600 SIMÉTRICA

FlyerComercioXinzoIdatia

A túa Xanela sempre aberta é o título da campaña que puxeron en marcha unha compañía “libre” denominada rede aberta que durante este primeiro ano ofrece directamente aos seus clientes a posibilidade , entre outras de fibra a 600 simétrica.

A comercialización para a comarca encargoulla a un establecemento de Xinzo, IDATIA, que xa leva uns anos establecido na nosa vila dedicado a todo o que teña que ver coa informática e comunicación.