XORNADA DE CAMPO SOBRE O USO DE ANTIXERMINANTE NA PATACA

finca experimental do Centro Agrogandeiro da Limia (Foto arquivo)
XORNADA DE CAMPO SOBRE O USO DE ANTIXERMINANTE NA PATACA

A acción formativa terá lugar o vindeiro mércores no campo de ensaios do centro de desenvolvemento agrogandeiro desta localidade ourensá

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organizará unha xornada de campo sobre a aplicación de antixerminante na pataca. Terá lugar este mércores ás dez da mañá no campo de ensaios do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia.

O obxectivo desta acción formativa é analizar as datas e doses óptimas de aplicación do antixerminante hidracida maleica na pataca. Organiza esta acción formativa o Servizo de Explotacións Agraria de Ourense, coa colaboración do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia (Inorde), da Deputación Provincial. Os interesados en participar neste curso poden obter máis información a través do correo electrónico sea.cmrm.ourense@xunta.gal ou no teléfono 988 38 65 71.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego, busca dar a coñecer novidades no sector ou a aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías xa existentes en condicións onde tradicionalmente non se empregasen previamente, como é o caso da que centra esta acción.