Xornada sobre o despoboamento do Rural

Público asistente a xornada sobre despoboamento do rural
Xornada sobre o despoboamento do Rural

Presentación do programa que leva a cabo o CDR O Viso

Onte a noite a Casa da Cultura de Xinzo acolleu unha pequena xornada de presentación do programa que está a levar a cabo o CDR O Viso para por frear, aínda que sexa un pouco o despoboamento do rural.

IMG_1020
Camilo Vila

O encargado de presentar o programa foi o seu coordinador Camilo Vila, quen explicou en principio como é a visión xeral que temos todos das cidades e do rural.

Todos vemos o rural con conceptos positivos e as cidades negativas, polo que a “priori” parecería moi sinxelo unir esas dúas realidades e solucionar o problema, algo que de momento non parece moi doado.

A idea que ten todo o mundo dos pobos defínea como:

Pobos vivos- Casas sen xente-Ritmo calmado-Saúde e Sustentabilidade, pola contra as cidades vémolas como: Cidades cheas- Xente sen casas- Ritmo estresado- Tensión e Carestía.

Explicou despois o caso do pobo de Boado no que existen 150 “casas” das que 25 están habitadas, unha alugada 15 abertas para o fin de semana e 90 ruínas.

A partir de datos como este que e semellante a moitos pobos do rural, tratan con este proxecto e co traballo que isto se vaia revertendo pouco a pouco. El pensa e está convencido que aínda hai ESPERANZA para o rural.

INTERVENCIÓN DE ELVIRA LAMA

A continuación deulle a palabra a alcaldesa, que xa é un exemplo de que as cousas están a mudar, porque é a primeira muller alcaldesa de Xinzo en toda a súa historia.

Comezou Elvira dicindo que ela pensaba que dende a alcaldía este problema se ía a resolver, pero está vendo que non. Despois da pandemia, todos pensabamos que a xente voltaría ao rural, pero por desgracia os que están a voltar son persoas de outros países, sobre todo de centro e suramericana.

IMG_1034
Camilo, Elvira e Miriam

Felicitou a Miriam Opazo polo premio acadado pola curta que se ía a proxectar e ao CDR para que siga traballando en

PROXECIÓN DA CURTA

Pasouse logo a visionar a curta Retratos do Silencio coa que Miariam Opazo gañou o segundo premio de Galicia Xuventude Crea 2022 na que reflicte tamén o que acontece con moitos dos pobos da nosa contorna.

Rematado o visionado a creadora da curta saíu ao escenario para recibir o aplauso de todos os presentes e os agasallos que lle entregou o CDR O Viso e a alcaldesa.

IMG_1029

Parcas en palabras, pola súa exultante xuventude, Miriam solo acadou a dicir que estaba sorprendida pola cantidade de xente que acudira, o cal non tiña moi claro.

proxectos coma este que tanta falla fan no rural.