Xornada moi intensivas ao par que interesante no Seminario de Turf que tivo lugar o pasado fin de semana

SEMINARIO ALIMENTACION 2015
Xornada moi intensivas ao par que interesante no Seminario de Turf que tivo lugar o pasado fin de semana

O Hipódromo de Antela reicibiu eminencias no mundo dos cabalos para instruir aos asistentes

Na derradeira semana, do 28 de febreiro o 1 de marzo, tivo lugar o I Seminario de Turf para cabalos árabes organizado polo Jockey Club Galicia e AGCCA. O lugar da reunión foi o Hipódromo de Antela, quen deu o primeiro paso para por en marcha as carreiras de Árabes.

O primeiro relatorio chegou da man de Antonio Sarabia, quen leva máis de 30 anos cos cabalos por España e Francia. Sarabia expuxo a actualidade do Turf nacional que vive momentos de convulsión grazas a defectos de base no planteamento do financiamento das carreiras de Pura Sangre Inglés.

Óscar Anays foi o encargado de desenrolar o segundo relatorio, no que plasmou a súa dilatada experiencia como adestrador. Para culminar a xornada, Coby Bolger deleitou aos asistentes ca súa charla sobre a Alimentación de Cabalos de Competición: Velocidade e Raid.

Estes interesantísimos relatorios culminarán nas pistas de carreiras nos próximos meses, en base aos programas establecidos de adestramentos para os estilizados cabalos Árabes de Galicia. Esta primeira actividade será realizada polo Jockey Club de Galicia para revitalizar e regular as carreiras na nosa rexión galega.