Xornada tráxica nas obras do AVE en Laza cun falecido e un ferido grave

Xornada tráxica nas obras do AVE en Laza cun falecido e un ferido grave

O accidente rexistrouse ás dúas da madrugada nun dos túneles no que traballaban

Un mozo de 31 anos faleceu e outro de 34 permanece en estado grave ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

O accidente produciuse ás dúas da madrugada cando os traballadores estaban realizando labores encima dunha cesta suxeita por unha máquina que caeu dunha altura de catro metros.

O 061 achegouse ó lugar dos feitos pero nada pudo facerse polo mozo de 31 anos veciño de Asturias que faleceu no momento. O ferido grave, un rapaz de 34 anos veciño de Cuntis (Pontevedra), foi trasladado nun primeiro momento ó Hospital de Verín cun traumatismo torácico grave. O maquinista, un home de 44 anos, precisou asitencia sanitaria por mor dun ataque de ansiedade.

Segundo informou a Garda Civil, o sinsitro rexistrouse no túnel de O Corno, en Laza, na boca dereita dirección Ourense.