Xornada sobre o uso de abonos e manexo da explotación agrícola en Xinzo

Horarios das diferentes ponencias da xornada.
Xornada sobre o uso de abonos e manexo da explotación agrícola en Xinzo

Esta cita está enmarcada no Proxecto Life Regenera Limia.

Mañá mércores, día 21 de decembro, terá lugar en Xinzo de Limia unha xornada sobre o uso de abonos e manexo da explotación agrícola. Esta cita está enmarcada no Proxecto Life Regenera Limia e terá lugar, ao longo de toda a mañá, no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia - INORDE.

O acto de apertura da xornada terá lugar ás 9:15 horas e correrá a cargo de Antonio Pérez, alcalde do municipio de Xinzo de Limia, Rosendo Fernández, presidente do INORDE e Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

A continuación sucederanse unha serie de ponencias e conferencias de diversos expertos na materia. As xornadas están abertas a todos aqueles veciños e visitantes que poidan estar interesados. O programa e temáticas das diferentes charlas especifícase na imaxe superior.