Xornadas informativas de participación comunitaria de Biocoidados

13-11-8-31.admin.WhatsApp_Image_2023-01-13_at_11.02.14
Xornadas informativas de participación comunitaria de Biocoidados
Organizadas polo CDR O Viso

O equipo de Biocuidados do CDR puxo en marcha unhas Xornadas Informativas de Participación Comunitaria, recorrendo distintos pobos da comarca da Limia: o luns 9 Laroá, o mércores 11 pola mañá Freixo e pola tarde Lodoselo; co obxectivo de difundir o proxecto, recoller suxestións e de implicar as comunidades para crear de forma conxunta os piares e accións que se están a desenvolver ao longo do proxecto.

13-11-10-53.admin.WhatsApp_Image_2023-01-11_at_18.32.591

No empeño de identificar, activar, promover, empregar servizos de apoio que xa están en funcionamento e mesmo tratar de articular algún outro complementario, no caso de que o consideremos indispensable. Porque somos conscientes da gran baza que temos: que sabemos das nosas raíces, que formamos parte dunha comunidade, que temos un espazo común co que vivimos en simbiose, que temos a compaña da xente (aínda que sexamos poucos e cada vez menos) que sabe de min e eu deles.

Biocuidados está vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría do Estado e Dereitos Sociais, financiado pola Unión Europea cos fondos Next Generation que pretende impulsar novos modelos de coidado prestados pola comunidade.
Estas xornadas foron un xeito de acercarnos á xente e escoitar as súas demandas e necesidades. En Laroá Lupe, Patri, María, Carmen e a compañeira e veciña Lucía reuníronse coa xente do pobo: falaron de todas as acción que se realizaban e se realizan no pobo, pois é un claro exemplo de comunidade dinamizada. En Freixo reuníronse con 6 veciños e veciñas, esta vez acudiron tamén Alba e Toño; tamén para facer memoria do camiño andado, o espírito de unión de antano e as accións que nos seguen a facer sentir comunidade.

13-11-9-8.admin.WhatsApp_Image_2023-01-13_at_11.02.13

Por último en Lodoselo, completando o equipo, Aine e Antía compartiron experiencias, incluso vivencias de xente que xa está no proxecto, para facer chegar a mensaxe e comprender dunha forma máis tanxible o que é Biocuidados.
Nos encontros das tardes acabouse cun café acompañado; e nese ambiente máis distendido seguimos compartindo ideas e achegas por parte dos veciños e veciñas: un taller de memoria para homes, un grupiño de teatro, encontros para compartir inquietudes e necesidades co obxectivo de reactivar os coidados comunitarios que poidan axudar a previr a institucionalización da xente que vive no rural.