O xoves 17 poranse en funcionamento 5 novos radares en Galicia

29
O xoves 17 poranse en funcionamento 5 novos radares en Galicia

Un fixo atópase na nosa provincia

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha desde o vindeiro xoves, 17 de marzo, cinco novos radares de control de velocidade que se localizarán nas provincias da Coruña e Ourense, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia.
Nun comunicado, precisa que estes novos dispositivos «teñen como obxectivo a redución dos accidentes a través da redución do límite de velocidade», explica.
Na provincia de Ourense, haberá un radar de tramo situado entre os puntos quilométricos 242,2 e o 246,0 da estrada nacional N-525 (Benavente-Santiago), sentido Santiago. Tamén haberá outro radar fixo no punto quilométrico 244,850 da N-525, sentido Benavente. O límite de velocidade en ambas as localizacións é de 70 quilómetros por hora.
Tamén haberá un radar fixo na AC-12 (curva de Biona), no punto quilométrico 8,330 sentido A Coruña. Neste último caso, o límite de velocidade estará nos 70 quilómetros por hora.
Segundo a Delegación do Goberno, a información destes novos sistemas de detección da velocidade obsérvase na estrada mediante sinal vertical previo, así como en www.dgt.es e nos paneis de mensaxe variable en caso de existir na zona.