"A XUNTA APRETA E AFOGA A XINZO"

Camilo Vila
"A XUNTA APRETA E AFOGA A XINZO"

A Xunta de Galicia anunciou que investirá fondos públicos para que un consorcio privado transforme os residuos gandeiros en varios puntos da xeografía galega pero non será na Limia, comarca estratéxica na actividaade gandeira e agraria.

O BNG de Xinzo de Limia quere denunciar o trato discriminatorio, egoísta e malicioso da Xunta de Galicia ao anunciar o seu presidente onte, sen ningún tipo de vergoña, o seguinte:

  • A Xunta vaille financiar a Naturgy, Repsol e Reganosa plantas para a transformación de residuos agrogandeiros.
  • Das seis plantas anunciadas ningunha estará na comarca da Limia e nin sequera na provincia de Ourense.

Cómpre recordar que o proxecto chegará ós 146 millóns de euros, sete veces máis, por exemplo, que o plan de regadío para a zona sur do Concello de Xinzo e que tanto esforzo está conseguindo xuntar. É regalarlle cartos ós ricos para que se fagan máis ricos vendéndonos a enerxía que farán cos nosos recursos.

Camilo Vila, voceiro do BNG en Xinzo de Limia, esixe tratamento preferente para a comarca da Limia en materia de xestión de residuos e apoio á familias gandeiras e labregas. Ningún concello limia pode permitirse perder ningunha familia nin ningún posto de traballo.

O propio Camilo V. inicia de xeito inmediato unha rolda de contactos para buscar apoios no eido insititucional en tódolos niveis da Administración.