Axudas para a rehabilitación da túa vivenda

204
Axudas para a rehabilitación da túa vivenda

Charla informativa o mércores 25 as 19:00 no Salón de plenos do concello de Xinzo

O mércores día 25 de abril as 19.00 h celebrarase a “Xornada informativa das axudas a rehabilitación de vivendas” no salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia.

O obxectivo destas charlas é facilitar información, colaboración e asesoramento para tramitar eficazmente as subvencións convocadas polo Instituto de Vivenda e Solo. A finalidade é axudar a accesibilidade, sustentabilidade, aforro enerxético e mellora da calidade e conservación das construción existentes.

As axudas van dirixidas aos concellos e tamén aos particulares e as dúbidas ou aclaracións deberán realizarse ao seguinte contacto:

Correo: xefatura.civ.ourense@xunta.gal

Telefono: 988 386 296