A Xunta controlará vía satélite as cortas de madeira realizadas nos montes galegos

A Xunta controlará vía satélite as cortas de madeira realizadas nos montes galegos

En Galicia córtanse ao ano preto de 10 millóns de metros cúbicos de madeira, máis da metade do volume de corta en España, e que o número de solicitudes de corta supera as 55.000 ao ano

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, inaugurou hoxe unhas videoxornadas forestais para conmemorar o Día Internacional dos Bosques, que se celebra todos os anos o 21 de marzo.

10,00 h.-         O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, inaugurará as videoxornadas de dixitalización e inventario forestal. Na sala de xuntas da Consellería do Medio Rural (edificio administrativo 4 de San Caetano).  

foto xoán crespo
16/03/2022
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, inaugurará as videoxornadas de dixitalización e inventario forestal. Na sala de xuntas da Consellería do Medio Rural (edificio administrativo 4 de San Caetano). foto xoán crespo

O director xeral anunciou que o seu departamento vén de desenvolver unha ferramenta baseada en teledetección lonxana (Sentinel-2 e/ou outras fontes similares) que posibilita a detección de cortas no territorio galego, é dicir, que as propias cortas serán controladas vía satélite. Un proxecto elaborado en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

recordou que en Galicia córtanse ao ano preto de 10 millóns de metros cúbicos de madeira, máis da metade do volume de corta en España, e que o número de solicitudes de corta supera as 55.000 ao ano, dispersas en preto de 85.000 referencias catastrais diferentes e nunha superficie media inferior ás 0,8 hectáreas. Debido a ese volume, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal xa ten operativo un sistema de control de cortas mediante imaxes satélites que posibilitará á Administración forestal coñecer en tempo real cando se producen as cortas.

Desta forma, se ditas cortas non contan co debido permiso administrativo, lánzase automaticamente un aviso aos axentes facultativos medioambientais para que visitan a parcela correspondente e, de ser o caso, levanten acta para iniciar un expediente sancionador.

Os interesados en participar na segunda quenda, que terá lugar este venres 18 de marzo, poderán inscribirse remitindo un correo electrónico ao enderezo forestal.mediorural@xunta.gal co título “videoxornadas forestais”, xuntando nome e apelidos, organización á que se pertence e e-mail de contacto (isto último non será preciso se coincide co do envío).