A XUNTA DESTINA PRETO DE 828.000 EUROS A FINANCIAR A CONTRATACIÓN DE 79 PERCEPTORES DA RISGA EN 36 CONCELLOS OURENSÁNS

210721 Risga Bande 2
A XUNTA DESTINA PRETO DE 828.000 EUROS A FINANCIAR A CONTRATACIÓN DE 79 PERCEPTORES DA RISGA EN 36 CONCELLOS OURENSÁNS

O importe da subvención que se concede ás entidades beneficiarias será o equivalente ao necesario para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, durante un período de nove me

Con cargo a estas axudas autonómicas financiarán contratos nos concellos de Xinzo (5), Vilar de Santos (2), Sandiás (2) Bande e outros 69 máis en toda a provincia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado da alcaldesa, Sandra Quintas, o concello de Bande, onde desenvolverán as súas tarefas laborais dous traballadores preceptores da Risga como operarios de limpeza e mantemento de zonas axardinadas.

Na visita, o delegado territorial informou que a Consellería de Emprego e Igualdade destina preto de 828.000 euros a colaborar con 36 concellos da provincia de Ourense para contratar a un total de 79 persoas perceptoras da Risga (renda de integración social de Galicia), que se encargarán de realizar obras ou servizos de interese xeral nos seus respectivos municipios.