A XUNTA DE GALICIA PON EN MARCHA EN OURENSE UNHA CAMPAÑA SOLIDARIA POLO NADAL, EN COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS

231118 RP campana solidaria
A XUNTA DE GALICIA PON EN MARCHA EN OURENSE UNHA CAMPAÑA SOLIDARIA POLO NADAL, EN COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS

Esta campaña invita ao espírito solidario dos empregados públicose súmase á que viña desenvolvendo nos últimos anos o servizo de Emerxencias en coordinación coas AVPC da provincia ourensá

A delegada territorial da Xunta en Ourense, e o presidente provincial do Banco de Alimentos, Cecilio Santalices, presentaron hoxe a campaña de recollida de alimentos que se vai poñer en marcha, coincidindo coa época navideña, en todas as sedes das Xefaturas Territoriais de Ourense co obxectivo de colaborar coas familias máis necesitadas e encher as súas despensas polo Nadal.

A campaña pretende motivar ao colectivo de empregados públicos a mobilizarse contra á situación de necesidade que viven moitas familias participando nunha recollida de alimentos básicos que o Banco de Alimentos de Ourense se encargará de repartir entre as asociacións, parroquias e entidades de asistencia social que axudan a colectivos e familias en risco de exclusión social.

Marisol Díaz lembrou que desde 2016 a Xunta colabora co Banco de Alimentos de Ourense polo Nadal, a través dunha campaña de recollida de alimentos organizada polo 231118 Campana solidariaServizo de Emerxencias, da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en coordinación coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá. A delegada territorial subliñou que este ano “decidimos que a iniciativa solidaria fose máis ambiciosa e por iso ampliámola aos empregados públicos que traballan en todas as Xefaturas Territoriais da Xunta”.

A campaña desenvolverase do 3 ao 20 de decembro, período durante o cal os interesados en participar nela poderán depositar as súas doazóns de alimentos nos puntos de recollida que se instalarán nas dependencias de todas as Xefaturas Territoriais en Ourense. O Banco de Alimentos encargarase de decidir o destino dos alimentos recollidos e de garantir a súa xusta distribución.

Díaz Mouteira invitou a todos os empregados públicos da Administración autonómica e aos seus familiares a participar “para lograr multiplicar o éxito desta acción solidaria e amosar o noso espírito solidario”.

O xefe do servizo de Emerxencias, Olivier Reboredo, explicou as novidades da iniciativa que por terceiro ano consecutivo desenvolve este departamento autonómico en colaboración coa agrupación provincial de voluntarios de Protección Civil e que nesta edición xa conta con 38 concellos adheridos.

O Banco de Alimentos entregou o pasado ano máis de 850.000 quilos de alimentos a preto de 5.500 familias da provincia ourensá a través das 68 entidades que ten adheridas. Coa axuda da Xunta de Galicia, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) en 2017 repartiu máis de 232.000 quilos de froita e verdura.