A Xunta de Goberno aproba máis de 700.000 euros en axudas para Infraestruturas, Medio Ambiente, Deporte, Cultura e Servizos Sociais

Pablo Pérez
A Xunta de Goberno aproba máis de 700.000 euros en axudas para Infraestruturas, Medio Ambiente, Deporte, Cultura e Servizos Sociais

Recibirán axudas os concellos limiáns de Bande, Lobeira e Muiños

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada hoxe 712.092 euros en axudas a entidades e concellos da provincia de Ourense para o Pablo Pérezdesenvolvemento de actuacións en materia de Infraestruturas, Medio Ambiente, Deporte, Cultura e Servizos Sociais.
No apartado de cooperación cos concellos da provincia, na reunión aprobouse unha axuda para o Concello de Avión, por importe de 60.000 euros, destinada a colaborar cos gastos de mantemento da Escola Infantil Municipal deste municipio, correspondentes ao ano 2019. Pola súa parte, o Concello de Bande recibirá dúas axudas, unha delas por importe de 19.000 euros para o acondicionamento do camiño da Portela en Corbelle e a outra axuda, que ascende aos 34.000 euros, será para o asfaltado de diversas estradas do municipio.
Para o Concello de Lobeira aprobouse unha axuda de 40.000 euros para a adquisición do inmoble en Facós “Xaquín Lourenzo”, mentres que para o Concello de Muíños aprobouse unha axuda de 70.000 euros para a iniciativa “Coñece Ourense”, o Campamento da Ourensanía correspondente ao ano 2019.