A Xunta ilumina 6 edificios emblemáticos da provincia para darlle a benvida ao ano santo en 2022

Torre igrexa Sta. Mariña-Xinzo
A Xunta ilumina 6 edificios emblemáticos da provincia para darlle a benvida ao ano santo en 2022

Entre eles a igrexa de Sta. Mariña de Xinzo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou na Torre do Reloxo en San Cristovo de Cea no acto simbólico de acendido de monumentos co que se conmemora o arranque do Xacobeo 22, no que Galicia aspira a celebrar un Ano Santo pleno.

O delegado territorial, explicou que a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, volverá a iluminar entre o 30 de decembro e o 2 de xaneiro as localizacións seleccionadas, coa frecha amarela e o logo do Xacobeo 21-22 sobre un fondo azul.

Na Vía da Prata, a Igrexa de San Martiño da Gudiña, o Parador Castelo de Monterrei e a Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía, a igrexa de Santa Mariña de Xinzo de Limia e a Torre do Reloxo en San Cristovo de Cea e Catedral de Ourense.

IMG_20211226_211329No conxunto de Galicia ilumínanse medio cento de edificios distribuídos polos dez itinerarios xacobeos, e tamén se trasladou este proxecto ao resto das comunidades autónomas polas que pasa o Camiño e ás Oficinas de España no Estranxeiro (OET) para que se poidan volver unir á celebración deste Xacobeo; xa están confirmados os primeiros oito emprazamentos internacionais en cidades como Dublín, Bruxelas ou Lisboa. O ano pasado a iniciativa permitiu iluminar máis dun cento de puntos por todo o mundo para darlle a benvida á celebración do Xacobeo, iluminándose emprazamentos en cidades como Londres, Dublín ou Torn, en Polonia.
Concurso fotográfico
Do mesmo xeito en que se fixo na primeira edición, Acende o Xacobeo tamén ten o seu concurso fotográfico nas redes sociais para animar a compartir esta iniciativa.
Os participantes só terán que publicar unha fotografía na que se vexan persoas xunto a un dos monumentos iluminados baixo os hashtags #AcendeOXacobeo ou #EnciendeElXacobeo e etiquetando as redes sociais do Camiño de Santiago. As fotografías poderán publicarse nas redes sociais de Facebook, Twitter ou Instagram do Camiño de Santiago (@camino_xacobeo).
O concurso estará aberto ata o remate da iluminación e as tres mellores fotografías recibirán un premio consistente nunha estadía para dúas persoas nun fin de semana nun hotel-balneario de Galicia en réxime de pensión completa.