A Xunta investirá 75.000 € no arranxo de pistas de concentración en Xinzo

365
A Xunta investirá 75.000 € no arranxo de pistas de concentración en Xinzo

En dúas anualidades , ano 17 e 18

A Consellería de Medio Rural investirá 75.079,28 euros no arranxo de pistas no rural de Xinzo. Nesta ocasión os cartos iran destinados as pistas de Moreiras-Fiestras; A Lomba-Lamas; Seoane-A Laxe; Solveira; O Raposo; A Corredoira-Ganade; A Veiga-Damil e a de Pozo Pendello a Lamas.

Todas estas pistas atópanse nunha situación moi deteriorada na súa capa de rodadura. Segundo aparece no informe nalgúns puntos os labores agrícolas alteraron os perfis dos foxos que xunto co manto crecidonon permite que fagan a súa función axeitadamente.

O proxeto incluirá a limpeza das cunetas co reperfilado das mesmas onde sexa necesario , así como que se repararáse a capa de rodadura cos soportes de grixo que sexan necesarios para que todas elas presenten un aspecto uniforme e coas caídas de auga axeitadas para garantir unha boa conservación.

MAIS DE SEIS KILOMETROS

O total da intervención nas pistas será de 6 Km 663 m. A mais longa será a pista de Moreiras con un total de 2.570 m. e a mais curta a de Seoane onde se van arranxar 185 m.