A XUNTA PON EN VALOR O PAPEL CLAVE DOS GDR

Presentación do programa en Sarreaus
A XUNTA PON EN VALOR O PAPEL CLAVE DOS GDR
Esta mañá en Sarreaus puxo en valor o papel clave dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras para o cumprimento da lei de recuperación da terra agraria

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiu hoxe en Sarreaus á presentación da iniciativa “Aterra. Recuperar a terra. Deseñar o futuro”, do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia. Esta iniciativa inclúe un visor xeográfico para localizar demanda e oferta de terra agraria, o que contribuirá a poñer en valor as terras que están actualmente en desuso.

Neste senso, cómpre lembrar o papel clave que teñen estas entidades colaboradoras para o cumprimento da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Así, ofrecen asesoramento e acompañamento a iniciativas de solicitude de polígonos agroforestais ou actuacións de xestión conxunta, entre outros instrumentos de mobilización, no marco da nova Lei. Desta forma, favorécese o desenvolvemento dos territorios, facilitando o intercambio de información e experiencias entre distintas zonas e axentes do rural.