A Xunta salienta o extraordinario valor ambiental, cultural, científico e paisaxístico dos 8 monumentos naturais de Galicia en Fitur

Carballa da Rocha- Rairiz de Veiga
A Xunta salienta o extraordinario valor ambiental, cultural, científico e paisaxístico dos 8 monumentos naturais de Galicia en Fitur
A Carballa da Rocha, o único dos 8 que se atopa na Limia

A Xunta presentou na Feira Internacional de Turismo os 8 monumentos naturais de Galicia, que, segundo dixo a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, teñen un extraordinario valor ambiental, cultural, científico e paisaxístico.

Durante o acto de presentación, no que estivo acompañada pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, Ángeles Vázquez incidiu en que estes enclaves son “espazos ou elementos da natureza constituídos por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza, que merecen ser obxecto dunha protección especial”.

Logo de subliñar que cada un destes espazos ten as súas propias particularidades e, en conxunto, condensan unha rica visión da Comunidade, a conselleira remarcou que se encontran repartidos polas catro provincias galegas.

Carballa da Rocha –un carballo de 500 anos, dos máis altos da Península Ibérica, que se localiza en Rairiz da Veiga-.

Nas catro provincias

Así, no concello coruñés de Oleiros, está a Costa de Dexo, un dos espazos naturais mellor conservados da Costa Ártabra “cunhas vistas envexables e unhas praias fantásticas”, dixo Ángeles Vázquez.

No que atinxe á provincia de Ourense, a conselleira detallou as características do Souto de Rozabales -unha formación de castaños con séculos de historia no Concello de Manzaneda-, e da Carballa da Rocha –un carballo de 500 anos, dos máis altos da Península Ibérica, que se localiza en Rairiz da Veiga-.