A Xunta subvenciona proxectos sociais por un importe de 300.000 € a o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, xunto con outras tres asociacións

3299ea14-bc6b-49f2-847d-d04650d526ac
A Xunta subvenciona proxectos sociais por un importe de 300.000 € a o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, xunto con outras tres asociacións

Desenrolarán 11 programas e equipamento terapéutico e de cociña para os servizos de proximidade e o centro de inclusión.

A Consellería de Política Social e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia veñen de publicar a resolución de axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas. Para o CDR “O VISO” esta é unha das fontes de financiación máis importante para darlle continuidade á nosa actividade e afrontar a posta en marcha de novos programas que respondan as necesidades da nosa realidade limiá.

WhatsApp Image 2021-01-21 at 10.04.15No DOG do pasado venres 15 de xaneiro está a resolución citada e aparecemos como Terra e Xente, agrupación de asociacións que nace no mes de maio de 2017 e que aúna a catro entidades sociais que traballamos no medio rural galego: O Centro de Desenvolvemento Rural Ancares, a Asociación Euro Eume, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. A maiores entrou nesta convocatoria a Asociación Boa Vida Inclusión Activa.
A contía recibida a través desta subvención para once programas e equipamento terapéutico e de cociña para os servizos de proximidade e o centro de inclusión achégase ós trescentos mil euros (292.913,88 €) e permitiranos seguir atendendo as necesidades da poboación limiá a través dos programas de maiores, infancia, conciliación, igualdade, emerxencia social, voluntariado, servizos de proximidade, persoas migrantes e dinamización comunitaria, entre outros.

A nosa máxima é: “O que é necesario é posible e ademais realizable”, por iso mantemos o noso compromiso firme de traballar por e para a veciñanza da Limia, facendo real a utopía, reivindicando o ben común e o medio rural.

A situación sociosanitaria xerada pola COVID-19 está mudando o noso xeito de traballar e de vivir, como a todas as persoas, pero continuaremos con cada un dos programas durante o ano 2021 con estritas medidas de prevención de contaxio.
Aproveitar para dar as grazas a todas as persoas que marcaron a X SOLIDARIA na súa declaración da renda; esta contribución é clave parar facer que isto sexa posible.