A XXXIV "Xuntanza Internacional de Gaiteiros" reúne a músicos de Galicia, Bélxica, Croacia, Escocia e Alemaña

Presentaci..n da XXXIV Xuntanza Internacional de Gaiteiros en Monterrei. Asisten Rosendo Fern..nez (VicePresidente Deputaci..n de Ourense), Jose Luis su..rez (Alcalde en funci..ns do Concello de Monterrei), Jose Luis Foxo (Director da Real Banda de Gaitas
A XXXIV "Xuntanza Internacional de Gaiteiros" reúne a músicos de Galicia, Bélxica, Croacia, Escocia e Alemaña

O evento, declarado de Interese Turístico e Cultural, celebrarase o vindeiro sábado, 8 de xuño, no castelo de Monterrei.

Representado o folclore de Xinzo estará presente o coro AIMIL FOLK

A XXXIV edición da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros", evento declarado de Interese Turístico e Cultural, reunirá o vindeiro sábado, 8 de xuño, no castelo de Monterrei a músicos de Galicia, Bélxica, Croacia, Escocia e Alemaña. A presentación desta tradicional celebración tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; e a educadora social do Concello de Monterrei, Cindy Manso.

Rosendo Fernández salientou que este evento se converteu "nun prestixioso foro de ámbito mundial polo que pasaron os máis destacados gaiteiros, e supón un complemento ás actividades da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense". Pola súa parte, Xosé Lois Foxo dixo que esta Xuntanza "marca a historia da Escola Provincial de Gaitas, que leva 34 anos facendo cultura e convertendo a Ourense nun referente cultural". Así mesmo, Foxo asegurou que o vindeiro sábado, "Monterrei será, unha vez máis, a capital mundial da gaita, con este evento que ten unha importante difusión pois por el pasaron artistas destacados da música étnica".

Na Xuntanza tamén se vai a inaugurar unha exposición de gaitas procedentes dos países eslavos no Hospital do Peregrino, no Castelo de Monterrei, que poderá visitarse ata o día 15 de xullo de 2019. O alcalde de Monterrei destacou a importancia que ten para o seu municipio acoller a Xuntanza e esta exposición que contribúen "a dar valor ao gran patrimonio arquitectónico da comarca". As visitas á exposición poderán realizarse en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas, de mércores a domingo.

A Xuntanza comezará ás 12.30 horas no Hospital do Peregrino coa apertura da exposición, na que intervirán conferenciantes para falar da gaita galega, a gaita pastoril europea, a musette barroca, a gaita escocesa, a cuestión técnica na gaita galega e, sobre as gaitas eslavas. Pola tarde, a partir das 19.00 horas, comezarán as actuacións musicais no patio do Castelo. Este ano, ademais, a Xuntanza únese á campaña "Agresión OFF. Eu digo non á violencia sexual", cun stand informativo.