Zapatería Ciempiés e a tenda OU repartiron os dous TV de ProLimia

Acto do sorteo de ProLimia Nadal 21/22
Zapatería Ciempiés e a tenda OU repartiron os dous TV de ProLimia

No sorteo celebrado onte a noite na “Casa de Papa Noel” na praza Maior de Xinzo

7Tres caixas ateigadas de tíckets de compra chegaron ata o lugar do sorteo onde, neste caso soas, sen ningunha autoridade local, como soe ser costume a presidenta da Asociación e unha vocal, encargáronse de facer o sorteo dos dous televisores , que dentro da campaña do comercio local de Prolimia sorteaban este ano.
As agraciadas nesta ocasión foron Lucía Alonso Rodríguez que fixo a súa compra na zapatería Ciempiés e Sandra Gil Olmos que a fixo na tenda OU.
Ás dúas agraciadas comunicáronlle a noticia no mesmo momento.
Desta maneira remata a campaña do comercio local de Nadal 21/22, na que o concello colaborou con 10.000 € garantindo unhas compras de 30.000 € a traveso das tarxetas de compra.