O venres 3 na sala de xuntas do Concello de Xinzo, celebrouse a primeira reunión do grupo de traballo formado por escritores e persoeiros que tiveron relación con Carlos Casares.
A esta primeira reunión non puideron asistir algún dos convocados, que escusaron a súa asistencia por motivos de axenda, pero que estarán nas que se convoquen igual que manifestaron todos os presentes.
ANÁLISES DO PROGRAMA EXISTENTE E NOVAS ACHEGAS
En primeiro lugar déronlle un repaso ao programa da Real Academia para este ano, no que o Concello ten un amplo programa xa.
Ademais da actividades xa programadas , tanto por parte do Concello como por parte dos membros da comisión achegáronse ideas novas para levar a cabo.
Unha das que resultaron de consenso por parte de todos é a de realizar unha exposición con fotos de artigos, documentos gráficos do autor totalmente relacionados con Xinzo. Esta exposición será o fin dunha campaña ante a cidadanía para que aporte documentos, que saben que existen e que loxicamente dixitalizarase, para que queden en poder dos propietarios.
Outras das ideas que se levarán a cabo será a de que temporalmente se lle cambie o nome de algunhas rúas da vila para pasar a denominalas con nomes de títulos da extensa bibliografía do autor limián.