120 anos cantando

Coralimia 2019.1
120 anos cantando

Se sumamos os que levan Coral de Ruada e Coro Aimil

Onte a noite a Igrexa Nova foi o escenario escollido (a falla de outro mellor, largamente solicitado) para a celebración do X Festival de Coros de Música Popular organizado pola asociación cultural AIMIL FOLC.

Este ano había moitos invitados de renome que estiveron en Xinzo para a celebración “por todo o alto” o festival.

A primeira invitada foi a encargada de presentar o certame a televisiva Limián Patricia Fernández Santana que sacou as súas mellores dotes como fío condutor da gala. Os outros invitados foron as dúas parellas de baile “Catro en Roda” e como prato forte a actuación no seu 100 aniversario dende a súa constitución a Coral de Ruada.

REMATE FINAL CUNHA ACTUACIÓN CONXUNTA

coralimia 2019.6

Os primeiros en actuar foron o grupo invitado Coral de Ruada que fixeron as delicias dun público deleitado polas súas interpretacións.

Fixeron despois a entrada o grupo anfitrión o cal foi recibido durante o seu paseo polo corredor central da igrexa por todo o público posto en pe. A actuación dos anfitrións, o coro AIMIL, foi seguida con moita atención e conseguiu por varias veces que o público agradecera as súas interpretacións con moitos aplausos e levantados dos seus asentos.

Antes do remate viñeron o intercambio protocolario de agasallos así como as verbas protocolarias dos presidentes das corais e da alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, que estivo presente dende o principio.

Coralimia 2019.2

Como remate do festival as dúas corais, dirixidas por Fernando Dopico, por xentileza como aclarou el mesmo, do director de Coral de Ruada que por protocolo lle correspondía.

O público en pe despediu as dúas corais pola súa intervención conxunta, rematando o festival na súa parte artística cunha foto de familia e finalizando na parte lúdica cunha cea conxunta nun dos restaurantes da nosa vila, onde supoñemos que non faltaron os cantes.

Coralimia 2019.1