1,5 m de euros para humanización do entorno do río Limia ao paso por Xinzo

Río Limia-aérea
1,5 m de euros para humanización do entorno do río Limia ao paso por Xinzo

Confederación e Concello investirán preto de 1,5 millón de euros nas obras para eliminar os residuos do río Limia e humanizar o entorno

A colaboración entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xinzo volverá a dar os seus froitos nun proxecto de gran envergadura: a eliminación dos vertidos do río Limia e a humanización do seu entorno. Ambas partes veñen de firmar un convenio no que se establece a cofinanciación dunha actuación que suporá unha inversión de 1.420.000 euros. A CHMS aportará o 80% do presuposto total e a administración local o 20%. Así, o organismo de cunca comprométese a levar a cabo as obras necesarias nos terreos que a entidade local porá a súa disposición.

No proxecto inclúese a construción dun carril bici con senda peonil nas dúas marxes, entre a ponte da estrada de Baltar e o da rúa Sitibal no parque do Toural

Visita dos técnicos redactores do proxecto (CHMS)
Visita dos técnicos redactores do proxecto (CHMS)

Mediante este acordo, determínanse as condicións para a colaboración do Concello e a Confederación na execución duns traballos que permitirán a recollida dos vertidos sen depurar ao río Limia e a súa canalización a un pozo existente da rede municipal, no parque do Toural, que os levaría á EDAR. Paralelamente, estableceranse as actuacións precisas para mellorar as condiciones de mobilidade na zona, a través de senda peonil e carril bici, en ambas beiras do río entre a estrada de Baltar e a ponte da calle Sitibal.

Para a eliminación dos vertidos empregarase unha tecnoloxía que permitirá o cruce subterráneo do río Limia. Máis en concreto, as obras de saneamento consistirán na recollida de vertidos da zona do antigo matadoiro, de construcións na marxe da estrada de Baltar e Avenida de Portugal, así como outros vertidos de construcións na marxe esquerda do río Limia, incluída a zona das piscinas municipais, pavillón e resto de instalacións deportivas municipais. Canalizaranse ata un pozo existente no parque do Toural, dende onde se transportarán á EDAR.

Elvira Lama: “Con este proxecto facemos unha aposta pola mobilidade e polo medio ambiente, o que suporá un cambio significativo da imaxe do entorno do río ao seu paso pola vila”

Unha vez eliminados os vertidos, urbanizaranse as dúas marxes. Continuarase un carril bici con senda peonil nas dúas marxes, entre a ponte da estrada de Baltar e o da rúa Sitibal no parque do Toural.

Que o veciños e veciñas de Xinzo de Limia volvan a vivir de cara ao río é o obxectivo do Concello e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para levar a cabo esta actuación. A alcaldesa, Elvira Lama, asegura que “con este proxecto facemos unha aposta pola mobilidade e polo medio ambiente, o que suporá un cambio significativo da imaxe do entorno do río ao seu paso pola vila”.