38 árbores na honra de 38 mulleres vítimas da violencia machista

Plantación das 38 árbores
38 árbores na honra de 38 mulleres vítimas da violencia machista
Alumnos e alumnas do IES Lagoa de Antela realizaron a plantación no entorno das piscinas, recordando ás mulleres asasinadas e demostrando a súa concienciación contra esta lacra social

Os alumnos e alumnas do IES Lagoa de Antela, o futuro de Xinzo de Limia, quixeron poñer vida ao 25-N, plantando unha árbore por cada vítima da violencia de xénero no último ano e demostrando a súa concienciación.

Elvira Lama: “Ogallá estas árbores teñan moita vida en homenaxe ás 38 mulleres que morreron este ano vítimas da violencia de xénero”

plantación
Alumnado plantando as árbores

Recordarán sempre, cada vez que pasen polo entorno das piscinas exteriores, este acto simbólico no que colaborou o Concello e o IES Cidade de Antioquía cedendo as árbores coas que traballan no ciclo de Xestión Forestal. A alcaldesa, Elvira Lama, e os concelleiros Rafa Penabad e Ramón Gómez, axudaron aos estudantes na plantación de carballos, bidueiros, sobreiras e aciñeiras, entre outras especies.

A rexedora pediu o fin desta lacra social e manifestou o seu desexo de que as árbores medren neste entorno: “Ogallá teñan moita vida en homenaxe ás 38 mulleres que morreron este ano vítimas da violencia de xénero”