6 proxectos da Limia en GALICIENCIA da man de alumnado do IES Lagoa de Antela

Visita a Galiciencia 2022
6 proxectos da Limia en GALICIENCIA da man de alumnado do IES Lagoa de Antela

Elvira Lama e Amador Díaz visitan Galicencia para coñecer os proxectos científicos dos estudantes de Xinzo e ofrecerse a montar outra exposición na vila

A rexedora e o tenente de alcalde percorreron o evento e invitaron aos estudantes a presentar os seus experimentos tamén en Xinzo.

O Concello de Xinzo de Limia mostrou o seu apoio aos futuros científicos limiaos. Nada menos que seis proxectos dos alumnos do IES Lagoa de Antela foron seleccionados para participar en Galiciencia, a maior feira científica que se celebra en Galicia dende o ano 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Ata o Parque Tecnolóxico de Galicia, o escenario no que se celebra o certame, achegáronse esta mañá a alcaldesa, Elvira Lama, e o tenente de alcalde, Amador Díaz Penín. Coñeceron de preto cada idea dos estudantes, asegurando a rexedora que “hai un gran talento para a investigación”. Por todo iso convidaron aos rapaces e aos seus mestres a repetir esta exposición en Xinzo, en algún formato que decidirán entre ambas partes, así como a data.

Galiciencia
Galiciencia

Tamén destacou a alcaldesa que os experimentos están moi relacionados co sector agrario e coa economía da Limia: “Danlle moita importancia á calidade da auga ou á concentración de nitratos e por iso estamos seguros de que espertarán interese entre a nosa veciñanza”. Nesta mesma liña pronunciouse Amador Díaz: “Estes proxectos interésanse na problemática que temos na comarca da Limia, como os nitratos e a escaseza da auga. É moi interesante que os alumnos teñan esta sensibilidade co medio que lles rodea”.

A temática deste ano en Galicia é a economía circular, polo que os alumnos do IES Lagoa da Antela apostaron por proxectos que trataban de dar resposta as seguintes cuestións: Como apagar llamas sen empregar auga? Podemos depurar auga de forma caseira? Como afecta a temperatura da auga ao crecemento das plantas? Como afecta a concentración de nitratos ao crecemento das plantas? Como afecta o adestramento ás capacidades físicas? Afecta a cantidade de superficie á forza de rozamento?

Durante os últimos tres días, os alumnos que desenvolveron de forma previa á feira e co apoio dos seus profesores un proxecto empregando o método científico explicárono ao público visitante.