7 ARTEFACTOS INCENDIARIOS EN 6 Km

Alcaldes de Baltar...
7 ARTEFACTOS INCENDIARIOS EN 6 Km

Máis de 3.000 Ha. queimadas en día e medio

Os alcaldes de Baltar, Cualedro, Trasmiras e Xinzo de Limia, deron unha rolda de prensa para dar conta das acción a levar a cabo despois do DESASTRE ECOLÓXICO sufrido na Limia, neste fin de semana, despois dos de todo o verán.

NUNCA VIMOS NIN PARTICIPAMOS NUN INCENDIO TAN VORAZ E TAN INCONTROLABLE

33 núcleos de poboación en Xinzo e 23 incendios no que levamos de mes.

Tomou a palabra Antonio Pérez, alcalde de Xinzo para dicir que despois dos encontros en plenos incendios o domingo e as reunión mantidas no luns e martes, e mesmo esta mañá acordaron , non solo pedir a declaración de zona

No concello de Xinzo estiveron afectados os pobos de Gudín, Mosteiro, Novás, Queirugas, Cabreiro , Faramontaos e Seoane.

A alerta II deuse as 15h47´, dende ese momento todos nos puxemos ao fronte, posto que a alerta 2 pode levar consigo o desaloxo da xente das casas, como así ocurriu en casos onde 20 persoas maiores dun pobo tiveron que ser levadas o centro social, en concreto en Novás. Como todos saben cando hai unha alerta 2 hai que cortar o abastecemento eléctrico, Os que estivemos a pé de campo, vivimos situación de perigo para persoas, incluso as nosas propias.

\“NOS NON VAMOS A PEDIR AXUDAS PARA SITUACIÓNS DE EMERXENCIAS DE NATURALEZA CATASTRÓFICA, NOS ESTAMOS EIQUI PARA ESIXIR.\”

Hai xente que ten explotacións de ganado lanar, que durante anos non vai a poder pastorear.Haber que fan, ou vender,ou levar o gando a outros lugares ou matalos. Hai mobiliario urbano, que vamos ter que repoñer, etc…

NOS TEMOS CLARÍSIMO QUE ISTO É TERRORISMO ECOLÓXICO ORGANIZADO.

1Eu non creo que haxa ningún tipo de interese, nin que haxa tantos trastornados na nosa comarca.

Despois de acadar información da propia Conselleira no propio lugar dos incendios, sábese que os medios aéreos, teñen un canon fixo, as brigadas rematan o seu traballo o 30 de setembro, os buldocers gañan o mesmo cando están parados, polo tanto todos eses \“dixome dixome\” son iso. Ninguén dos que participan ten interese en que haxa lume, porque teñen que traballar, gañando o mesmo. Eu non creo que haxa un señor, Nos temos clarísimo que isto é terrorismo ecolóxico organizado.