Unha nova BAR-bería en Xinzo

Pablo, preparando a navalla
Unha nova BAR-bería en Xinzo
Na espera á túa cita sérvenche un cortado, unha caña ou mesmo algún pincho, eso si, aquí de balde.

Pablo Márquez é un rapaz de 27 anos de Xinzo, como di el, "de toda la vida de Dios", que este luns lanzouse a a abrir o seu propio negocio, unha BAR-bería. Unha barbería con guión porque entre que ao veciño lle fan un corte, mentres esperas á túa cita, a ti sérvenche un cortado, unha caña ou mesmo algún pincho, eso si, de balde.Si alguén non o recoñece pola idade, dicir que súa nai (Lola) e unha das persoas que máis papeis oficiais pasaron pola súa man, e que dicir do pai, Toño, o que máis armas tivo na súa man, da Limia, polo menos.

20220709_115551
Zona de esparcemento para os nenos

Unha paixón de sempre

A súa vida profesional comezou moi lonxe do mundo da perruquería, aínda que sempre estivo interesado nel.

"Dende pequeno cando ía á perruquería, sempre dicía, de maior quero ser perruqueiro"

Despois duns anos traballando nun supermercado, deixou o traballo e marchou cara Ourense onde fixo un curso de perruquería con Jorge Cachaldora, é dicir, en Jorge 3.

“Iso é o meu” deuse conta Pablo nunha perruquería de Ourense despois de marchar do supermercado.

20220709_115528
Pablo Marques

Poder traballar do que che gusta nunca é sinxelo. El sábeo ben xa que traballaba día e noite para compaxinar a música e o mundo da perruquería. Como di Pablo, "Durmía tres horas, pero o que un quere algo lle custa". Facía o curso pola mañá, pola tarde traballaba na barbería Esmorga, e pola noite traballaba de DJ.

Unha vez rematado o curso colléronno a tempo completo na barbería na que traballaba, pero ao cabo dun tempo decidiu volver a Xinzo e ao ver que non había nada parecido ao sitio no que traballara, decidiu abrir a súa propia barbería.

Esta barbería pretende ser un espazo moderno pero cun corte á antigua. Así como as barberías de hai tempo ​​eran un espazo para falar e pasalo ben, esta barbería pretende rescatar isto. Así, ademais da barra, conta cunha cadeira en forma de coche para os máis pequenos, e un antigo simulador de carreiras.

Por outra banda, tamén se diferencia doutras perruquerías polo uso da navalla para calquera corte, para barbas, afeitados...

DJ Barbeiro ou Barbeiro DJ?

IMG-20220709-WA0023
O barbeiro Dj

Con este novo proxecto, non deixou de lado a súa paixón pola música, por iso segue sendo DJ. Traballou en pubs como Origen e Templo en Ourense. Incluso, poderemos velo pinchar nas festas de Xinzo deste ano.

El di que máis cun DJ Barbeiro é un Barbeiro DJ, xa que traballar de noite non é algo que se adapte a moitas situacións co paso dos anos. Ademais, pasa máis tempo na barbería que de DJ pola noite.