Medio Rural demarca 7 parcelas da Limia e 2 da Baixa Limia por estaren afectadas pola praga "Epitrix spp."

planta_de_patata_con_sintomas_de_epitrix_similaris_tcm7-392047
Medio Rural demarca 7 parcelas da Limia e 2 da Baixa Limia por estaren afectadas pola praga "Epitrix spp."

A praga non afecta ao consumo humano en ningún caso, polo que os que producen este tubérculo para consumo propio, non precisan tomar ningunha medida máis aló de non transportar as patacas no caso de estar situado en zona de corentena.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar, no día de hoxe, unha resolución que establece como zonas demarcadas –en corentena– pola existencia da praga denominada Epitrix spp –tamén chamada "pulguiña da pataca" dentro do territorio da comunidade:

a) Todo o territorio incluído nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

b) Todo o territorio dos seguintes concellos na provincia de Ourense: Amoeiro, Arnoia, Avión, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Coles, Cortegada, Esgos, O Irixo, Leiro, Maside, Melón, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Piñor, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Taboadela, Toén e Vilamarín.

c) A área incluída nun raio de 500 metros arredor das seguintes parcelas localizadas na provincia de Ourense:

pragaaaaaa

Segundo indica a páxina web da Consellería de Medio Rural, as pulguiñas do xénero "Epitrix" representan unha ameaza para a produción de pataca, xa que reducen considerablemente o valor comercial dos tubérculos. Os adultos aliméntanse das follas, provocando múltiples e diminutos orificios, mentres que as larvas aliméntanse do sistema radicular e causan danos nos tubérculos, producindo galerías superficiais sinuosas que se traducen nun dano estético, e que favorecen a entrada doutros patóxenos.

Os que teñen produción para consumo propio non precisan tomar ningunha medida pois non afecta ao consumo humano.

"Ten unha dispersión e propagación natural pero avanza moi pouco; os propios agricultores cos seus vehículos poden propagala pouco a pouco", indican os expertos ao dendealimia.com. "O principal problema é que tamén se propaga a través das chamadas malas herbas coma o estramonio", sinalan.

A "pulguiña da pataca" é un patóxeno que ten catro fases que saen ao remate do inverno e que pasan ás prantas da pataca. Os danos que provoca nos tubérculos son fundamentalmente danos comerciais pero non afectan ao consumo humano. Os que teñen produción para consumo propio non precisan lavar ou cepillar a pataca.

As patacas das zonas onde se constatou a presenza da praga, van ter que ser cepilladas ou lavadas antes de ser comercializadas.

Esta praga pode condicionar os sistemas e a estrutura de produción de cara ao futuro, se segue aumentando a súa presencia. As patacas das zonas onde se constatou a presenza da praga, van ter que ser cepilladas ou lavadas antes de ser comercializadas. "Iso é algo que nunca se fixo nas patacas producidas na comarca da Limia, dado que a pataca pode sufrir danos importantes", indica Carlos Mansanet Perea, inspector de sanidade vexetal da Consellería de Medio Rural, en declaracións a este xornal. Nas xornadas celebradas hoxe no IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, xa que logo, aproveitouse para informar sobre cales son as mellores condicións de almacenamento da pataca, de informar ao sector sobre cales son as condicións ás que quedarían sometidas as zonas de produción afectadas pola presenza da praga ao fin de que os produtores poidan afrontar a situación e minimicen o impacto mesmo evitando que apareza.

Na comarca da Limia hai 7 puntos positivos da praga de un total de 100 inspeccións que foron abordadas durante todo o verán. O problema é que cada positivo demarca unha zona de 500 metros á redonda en corentena, segundo publicou tamén o Diario Oficial de Galicia. "Neste momento o mellor que se pode facer é informar sobre como detectalo, como previlo e como eliminalo antes de que afecte", sinala Mansanet en Xinzo. Incluso se está traballando na posibilidade de establecer un sistema de alertas para os agricultores.