A asociación para a cultura da cervexa artesanal galega , é a promotora desta feira-degustación que percorrerá , segundo o seu presidente Pablo Casanova todas as cabeceiras de comarca de Galicia perante todo este ano.
O Obxectivo non é outro que a difusión da cervexa totalmente artesanal feita en Galicia, e animar a todos aqueles posibles interesados sobre os seus procedementos.
Para elo esta tarde de sábado celebrouse un taller demostrativo de cómo se fai unha cervexa artesanal.
Segundo o seu presidente a cervexa galega vai dende ós 5 ata ós 9 grados, e faise moi distintamente segundo o seu produtor, ós seus gustos e a zona para a que está destinada.
A súa cervexa denominada Monterrey caracterízase pola alta fermentación, pouco lúpulo e sabor mais maltoso.
Tamén podemos falar con Amor Ariza, que ela seipa a única muller produtora de cervexa de Ourense. A súa marca GORGONA, caracterízase por levar 7 maltas e 2 lúpulos. A súa gradación e de 6,5º e é moi doce, estilo belga.
Na mesma carpa atópase Eneko Abad que aínda sendo vasco ten a súa produción “por motivos matrimoniais” di,, en Vilaboa-Pontevedra.
El produce catro tipos de cervexa, Rubia, tostada con toques afumados, negra con sabor a auténtico café e con aromas cítricos de limón e laranxa. As súas cervexas van dende ós 4,8 ós 7º. Tamén nos di que a súa capacidade de produción é de 1.800 L/mes.
A feira continuará aberta esta tarde e mañán domingo todo o día.