viernes 28/1/22

Abriu as súas portas a pista de xeo e o mercado de artesanía

No acto estivo presente a alcaldesa, Elvira Lama, o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, e outros membros da Corporación
01
01

Será un Nadal especial en Xinzo de Limia. Esta tarde inauguráronse os dous grandes atractivos da súa programación: a pista de patinaxe sobre xeo e o mercado de artesanía da praza Carlos Casares. No acto estivo presente a alcaldesa, Elvira Lama, o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, e outros membros da Corporación. 1

Foron moitos os veciños que quixeron participar nesta inauguración que adianta unhas festas que este ano, a pesar da pandemia, terán un significado especial. Poderase acceder a ambas propostas de luns a venres en horario de 16.00 a 21.00 horas, mentres que a fin de semana e os festivos estenderase de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. En relación ao mercado, conta con dez postos e o número de visitantes será controlado co fin de cumprir coa  normativa polo covid-19.

pista43