O acalde de Xinzo considera que Elvira Lama acude ás inauguracións a sacar o punto negativo

O acalde de Xinzo considera que Elvira Lama acude ás inauguracións a sacar o punto negativo

Antonio Pérez confía nas palabras de Feijoo sobre a fase 2 do regadío

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, vén de emitir unhas declaracións nas que considera que o presidente da Xunta mentiu sobre o anuncio de que vai financiar a segunda fase do regadío en 2016. Elvira Lama establece que a inauguración do Museo Galego do Entroido foi un mítin de campaña electoral con falsas promesas.

Pola súa banda, o alcalde de Xinzo mantén que a líder socialista acude ás inauguracións sempre para sacarlle a parte negativa. "Eu esperaba que o PSOE se alegrase por situar a Xinzo na Vía da Prata ou por ter o único Museo Galego do Entroido" matizou Antonio Pérez. En canto ás declaracións de Elvira Lama sobre o regadío, o rexedor engade que "eu confío na palabra do presidente da Xunta, é algo que levo moito tempo traballando e estou seguro de que vai cumplir e espero que a señora Lama cando se inclúa nos orzamentos unha partida para o regadío, pida desculpas publicamente".