Un accidente de tráfico na recta de Pidre sáldase cunha muller ferida leve

pidre
Un accidente de tráfico na recta de Pidre sáldase cunha muller ferida leve

O sinistro rexistrouse ás 9.20 desta mañá. Unha muller conducía un vehículo pola estrada que vai de Pidre cara Boado. Por motivos que se descoñecen, perdeu o control do coche, saiuse da vía e envorcou.

A muller duns 50 anos, sufriu feridas leves nunha man e foi trasladada a Cooperativa Sanitaria de Galicia (Cosaga) de Ourense.

Ata o lugar dos feitos achegáronse axentes de Tráfico, o 061 e membros de Protección Civil de Xinzo de Limia.