Acordo total entre feirantes e Concello

IMG_20200610_170554
Acordo total entre feirantes e Concello

O ASENTAMENTO DOS POSTOS NOS NOVOS LUGARES SERÁ PROVISIONAL

Pasadas as seis da tarde rematou a reunión que mantiveron a alcaldesa Elvira Lama e o Concelleiro de Comercio coa asociación de feirantes con postos de téxtil e calzado que habitualmente veñen as feiras de Xinzo cun acordo por parte da alcaldía de que a nova emprazamento dos seus postos será temporal, mentres no pase esta pandemia e se teña ou ben unha vacina ou todo volva a normalidade absoluta.

IMG_20200610_180956O representante dos feirantes en declaracións a dendealimia manifestou a súa satisfacción persoal polo entendemento entre os seus compañeiros a os representantes municipais, en tanto a provisionalidade da nova localización dos seus postos.
REUNIÓN MAÑÁ COA POLICÍA LOCAL E PROTECCIÓN CIVIL
Mañá, xoves 10 , segundo manifestou Elvira Lama, terá lugar unha nova reunión coa Policía Local e Protección Civil para tratar os temas de seguridade para a feira do sábado 13, a que como cabe de esperar asistirá moita máis xente que ás anteriores.