ADEGAL analizou a situación do sector agrogandeiro, a quen representan, dando a súa versión, sobre as polémicas xurdidas dende os acontecementos do día 14
Entenden, e así llo fixeron chegar ao GDR, que son eles ós que teñen que convocar a “Mesa da Limia”
A Presidenta de Adegal Maria Teresa Joga acompañada da secretaria técnica da asociación e de todos os membros da xunta directiva deu unha roda de prensa esta mañá na sede da asociación para dar a súa versión (como asociación), tralos incidentes acaecidos o pasado día 14, para indicar en primeiro lugar que para nada a asociación que preside se pode tildar de violenta. Simplemente cumprimos coa nosa obriga, despois de ser atacados verbalmente en público e de ser vilipendiados por membros de unha plataforma.
Comezou a súa intervención cos datos referentes a o potencial actual da Limia na que producimos 130.000.000 de kg de pataca, 40.000.000 de kg de cereal, é somos a principal comarca produtora de carnes e os seus derivados, tanto en porcino, en avícola como en vacún.
Recordou que unha gran parte de toda esa produción esta representada nos máis de 800 socios con que conta ADEGAL.
Presentou a continuación unhas táboas de análises da calidade das augas, tanto no río Limia, como no canal, que ela dixo que eran oficiais, tanto da CHMS, como do proxeto que rematou de Laif regenera Limia.Os datos demostran que estamos moi lonxe da visión alarmista que estes días está a darse da calidade das augas da nosa comarca e que está a afectar á visión da calidade dos nosos produtos. A maiores tamén achegamos datos da calidade das augas superficiais, segundo as gráficas publicadas por Confederación Hidrográfica, e que veñen confirmar a tese sostida por esta asociación. De existir algún punto de suposta contaminación, haberá que analizar a verdadeira causa ou orixe da mesma, xa que se parte de que a constatación como única fonte de contaminación o sector agrogandeiro ha de ser descartada , e hanse de analizar outros factores contaminantes.
MAL FUNCIONAMENTO DE DEPURADORAS
A Administración ten o coñecemento do mal funcionamento, e nalgúns casos a inexistencia, de sistemas de depuración de augas residuais, nunha zona con poboacións dispersas que dificultan o seu tratamento.
Pasou despois a poñer en coñecemento da sociedade os traballos que se están a levar a cabo en I+D con proxetos liderados por ADEGAL en colaboración coa Consellería de Medio Rural, o Centro tecnolóxico da carne, a Universidade de Santiago, agricultores e gandeiros, entre os que destacou a repaertura da planta de tratamentos de xuros de Sarreaus, vinculada a unha futura planta de biogás. A creación de novos sistemas de almacenaxe de xuros e outro tipo de abonos.
Rematou dicindo que con todo o anteriormente manifestado, a nosa Asociación sempre estivo e estará aberta ao diálogo coas Administracións, colectivos , grupos ecoloxistas e plataformas, en aras a mellorar a convivencia en harmonía da nosa comarca, que conta cun gran potencial social, económico e ambiental, onde é posible conciliar explotacións ecolóxicas e intensivas atendendo á actual demanda de mercado.
Para ver os datos achegados pola asociación e o texto íntegro da intervención prema aquí.