ADEGAL TAMEN ESTÁ EN CONTRA DA IMPLANTACION DA PLANTA QUE “O.C.A”. PRETENDE INSTALAR EN PARADA DE RIBEIRA

Obras da planta que se está a montar en Parada
ADEGAL TAMEN ESTÁ EN CONTRA DA IMPLANTACION DA PLANTA QUE “O.C.A”. PRETENDE INSTALAR EN PARADA DE RIBEIRA
A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia oponse rotundamente á instalación dunha planta de mezcla bituminosa en Parada...

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia oponse rotundamente á instalación dunha planta de mezcla bituminosa en Parada de Ribeira.

Este núcleo rural enmárcase dentro da Limia, con terras con un aptitude agraria e de alto valor, onde tivo lugar unha concentración parcelaria levada a cabo pola Administración, polo tanto, a actividade desta planta asfática é incompatible coa actividade agrogandeira. Ademais, hai que sumar que é un proceso con riscos para a saúde das persoas, recordando a escasa distancia que hai dende a parcela onde se pretende impantar a actividade ós núcleos de poboación rural. Adegal, que loita pola defensa e o impulso da comarca da Limia, e por tanto pola conservación do seu potencial agragandeiro, solicitará de urxencia unha reunión co Xefe Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural, Iago Borrajo, para a obtención dunha resposta motivada pola solicitude que a Asociación fixo para que a Limia sexa declarada Zona de Actividade Agraria Prioritaria, declaración na que poder ampararse e na que non terían cabida este tipo de amenazas, recordando que neste último tempo ten habido varias, como foi o caso do proxecto mineiro de Faramontaos. Esta Asociación emprenderá medidas legais e mobilizacións ante esta situación de inseguridade e risco para os colectivos representados.