En máis de setecentos mil euros foi adxudicado provisionalmente o contrato de servizos para Axuda a domicilio para dependentes do concello de Xinzo.
Esta mañá celebrábase a última mesa de contratación coa valoración final das propostas presentadas polas empresas que enviaron o seu proxecto para quedarse co servizo.
Tres eran as empresas que fixeron, resultando gañadora a Fundación Neuroburgas que presentou unha oferta de 12,34 € /hora de servizo.
MELLORAS OFERTADAS
Ademais do prezo por hora, a diferenza coas outras empresas, ofertou unhas melloras consistentes en horas adicionais de formación con respecto a condición especial de execución, 40 horas.
Tamén como Servizos Complementarios ofertou 140 horas de fisioterapia, 140 horas de atención neuropsicológica, 140 horas de terapia ocupacional e 140 horas de logopedia.
Na mesma mesa de contratación requiríuselle a empresa para que no prazo regulamentado presente a documentación esixida nestes casos para a adxudicación definitiva do contrato que terá unha duración de dous anos, cunha prorroga de outro máis se as dúas partes están de acordo. O montante total dos tres anos se se chegara a súa execución total prevista nos pregos de condicións superaría os setecentos cincuenta mil euros.
DESAPARICIÓN DA LISTA DE ESPERA
Unha vez adxudicada definitivamente a Concellería de Servizos Socias, estaría preparada para dar servizo a todas as persoas que neste momento están en lista de espera para o servizo a domicilio que estean na lista de Dependentes.
Así mesmo a empresa encargaríase de cubrir as baixas, e as vacacións do persoal co que conta o concello para este servizo de axuda a domicilio.
O contrato acollerá ata o máximo de 20.200 horas anuais.
A Concelleira directamente e os membros do equipo de goberno están moi satisfeitos por darlle fin a adxudicación deste servizo que todos entenden é primordial e imprescindible para poder prestar o servizo a todos os veciños e veciñas máis necesitados do noso Concello.