23 de diciembre de 2020, 13:53
Nun emotivo acto, o Concello de Xinzo quixo agradecerlle a todas as persoas que fixeron máscaras durante o primeiro estado de alarma a súa labor.
Para elo, foron convocadas en dúas quendas (para evitar aglomeracións) para recibir un sentido homenaxe e un simbólico agasallo por parte da alcaldesa de Xinzo, no salón de plenos da Casa Consistorial.
Nun momento de carencia de máscaras, o seu traballo desinteresado permitiu proporcionar este elemento de protección a moitas veciñas e veciños de Xinzo que non tiñan onde adquirilas.