Agricultores-Gandeiros-Comercio e veciños da Limia esixen axudas para o sector primario

Imaxe da concentración a prol das reivindicacións agrogandeiras
Agricultores-Gandeiros-Comercio e veciños da Limia esixen axudas para o sector primario

Máis de dous centos de persoas manifestan o seu apoio ás súas reivindicacións na praza Carlos Casares de Xinzo.

Convocados por Unións Agrarias, o Sindicato Labrego Galego, a Federación Rural Galega ADEGAL e a asociación de produtores de pataca da Limia, os propios afectados e moitos veciños achegáronse ata a praza para apoiar e escoitar as reivindicacións dos sectores, que neste momento o están a pasar peor na comarca.

Parte dos veciños e veciñas que asistiron

Na lectura do manifesto díxose que a situación da crise do medio rural non e de agora, si non que ven dada polas políticas dos derradeiros 40 anos.

A Limia e os seus arredores e terra de agricultura e gandería. Centos de familias dependemos do sector primario. As agricultoras e agricultores, Gandeiras e gandeiros da zona somos maioritariamente de escala mediana e pequena.

Presenza de políticos locais e comarcais:

Na concentración reivindicativa estiveron presentes, concelleiros e alcaldes, tanto de Xinzo como da comarca. Escusou a súa asistencia a alcaldesa de Porqueira Susana Vázquez, aínda que si estiveron concelleiros de Porqueira, porque ela atópase en cuarentena, porque segundo manifestou a dendealimia, desta vez, tocoulle a ela.

IMAXES DO DÍA:

0031
0011
0011