A Agrupación Musical da Limia estreou Directoras

Directoras recibindo o aplauso do público ao final do concerto
A Agrupación Musical da Limia estreou Directoras

Para finalizar os actos dedicados a “Muller” o concello de Xinzo xunto coa Banda da Agrupación programaron unha actuación, especial, dos membros da mesma.

Especial en primeiro lugar porque ía estar dirixida por dúas mulleres ao longo das súas interpretacións, e tamén especial, porque estrearían as dúas pezas que van a levar ao festival Internacional de Bandas a celebrar en Valencia.

CARMEN FERREIRO

Carmen Ferreiro
Carmen Ferreiro

Directora multidisciplinar con máis de dez anos de experiencia, formación musicoloxía e cunha longa traxectoria como intérprete e docente de frauta traveseira . Ten realizado colaboracións coa Real Filharmónica de Galicia, coa Orquestra Sinfónica de Galicia e pertenceu á Xove Orquestra Nacional de Holanda. Dirixe á orquestra sinfónica do Conservatorio de música profesional de Compostela, no que é mestra de frauta de traveseira. E por último destacar, que é alumna da escola galega de dirección de banda, formación que se ofrece na nosa vila, Xinzo de Limia

Baixo a súa batuta a Banda interpretou o pasodobre “Camino de Rosas” para pasar logo a interpretar a obra obrigada do Certame Internacional de Valencia , “Portraits of Spain” (Retratos de España) do compositor Teo Aparicio – Barberán

MARÍA MENDOZA

María Mendoza
María Mendoza

Compositora da música da serie “Caracol y Caracola” e dos cortos de animación “El día en que a mamá se le puso cara de tetera”, “¿Y yo que puedo hacer?”,” El sultán y los ratones”, “Rato Tomye Rata Tomasa” e “Piedra, palo y paja” da serie Contos do Camiño. É docente do departamento de Composición no Conservatorio de Música de Ourense. Ten realizado innumerables concerto por toda a xeografía española. Como teclista, colaboradora en grupos como Kresala, Marylynn, Avelaíña, Doble Morgan, Mr.Magoo, Mcarballo, Madame Putufuá et Monsieur Quelquechose, The Tetas’ Van e Gil & Mendoza.

María deleitou ao público asistente na Igrexa Nova con dúas pezas propias a piano facendo partícipe ao público con un dialogo do que sentira cada un cando escoitaron as pezas.

Volveu logo Maria a coller a batuta para a segunda interpretación da Banda coa obra coa que concursará como tema libre que é un fragmento da banda sonora da película de animación “A Viaxe de Chihiro” que acadou un “Oscar”.

Final do concerto coa entrega de agradecementos
Final do concerto coa entrega de agasallos

O concerto rematou coa interpretación de dúas obras cortas, e como é preceptivo nestas ocasións, coa entrega de agasallos por parte das autoridades ás directoras e ao director “Tielas” que desta vez estivo axudando a banda co clarinete.

Os agasallos foron entregados pola alcaldesa Elvira Lama, que ademais fixo de presentadora do acto, e que estivo acompañada de varios compoñentes do grupo de goberno.

IMAXES CON MOMENTOS DO CONCERTO.