A Agrupación Musical da Limia quedou terceira no XI Certame Galego de Bandas ante máis de 1.500 persoas

IMG_6271
A Agrupación Musical da Limia quedou terceira no XI Certame Galego de Bandas ante máis de 1.500 persoas

O colectivo musical da Limia participou na segunda sección e tivo como contrincantes á banda municipal de Caldas de Reis e á banda de Sanxenxo.

No día de onte, a música limiá soou nun dos mellores escenarios de Galicia e ante máis de 1.500 persoas. A Agrupación Musical da Limia participou na tarde de onte no XI Certame Galego de Bandas que se celebrou no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. A banda limiá acadou o terceiro lugar baixo a dirección do ribadaviense José Luis Tielas Santiago. Interpretaron un pasodobre –Con arte y delicadeza, de Alfonso Salvatierra–, unha obra obrigada polo tribunal –Areal da Alba, de Esteban Zapata– e outra libre –Man, de Antón Alcalde–.

O colectivo musical da Limia participou na segunda sección e tivo como contrincantes á banda municipal de Caldas de Reis e á banda de Sanxenxo.

O colectivo musical da Limia participou na segunda sección e tivo como contrincantes á banda municipal de Caldas de Reis e á banda de Sanxenxo. Ante un xurado de élite e cun auditorio practicamente cheo, os 63 integrantes –de todas as idades– da formación, deixaron patente a boa calidade musical da Limia e da súa capital.

O xurado do certame estivo composto polo compositor británico Laurence Roman; o músico, compositor e director valenciano Ferrer Ferrán e o compositor galego Juan Durán. Eles foron os membros do xurado internacional encargado de elixir ás formacións gañadoras, que se deron a coñecer, xunto coas obras gañadoras do X Concurso de Composición, na clausura de onte pola tarde. Un total de dez formacións competiron nas tres seccións.

Familiares, veciños e amigos dos integrantes desprazáronse dende Xinzo e arredores a Compostela para acompañar á banda en tan importante cita.

Familiares, veciños e amigos dos integrantes desprazáronse dende Xinzo e arredores a Compostela para acompañar á banda en tan importante cita. Ao remate das súas interpretacións, puidemos falar cun emocionado José Luis Tielas, flamante director que non parou de recibir parabéns de todos cantos no público se atopaban.

"É a primeira vez que participamos neste certame, que é un dos máis prestixiosos que hai en Galicia e en España", sinalou Tielas. Con respecto á participación da agrupación neste tipo de certamos, afirmou que "unha banda de música coma esta debe levarse de xeito multidisciplinar: por un lado está o aspecto social, onde os nenos interactúan e aprenden disciplina, horarios, respecto e compañeirismo; por outra banda o aspecto popular, que consiste en ir tocar a festas e outros eventos; e logo está a parte educativa que é a máis importante de todas e consiste en ir a certames coma este e preparar obras de grande formato".

Preguntado Tielas sobre como levaban os máis pequenos actuar en escenarios tan grandes e ante tanta xente, destacou que "se trata dun proceso de aprendizaxe"

Preguntado Tielas sobre como levaban os máis pequenos actuar en escenarios tan grandes e ante tanta xente, destacou que "se trata dun proceso de aprendizaxe e é algo moi positico e para que un neno de 9 anos supere unha proba coma esta debe ter un autocontrol espectacular". "Para min hoxe é un día maravilloso e unha experiencia única, ademáis dun privilexio", concluíu.

Por Compostela deixáronse ver o concelleiro de Cultura de Xinzo –e deputado autonómico–, Carlos Gómez, así como o voceiro de Xinzo Adiante, Manuel Pérez Campos.