A Aguilhoar cumpre nove anos e o Coro Aimil actuará no Val Miñor

Aguilhoar
A Aguilhoar cumpre nove anos e o Coro Aimil actuará no Val Miñor
Esta finde o centro social celebra o seu aniversario con varios actos e a agrupación musical participará nun festival en...

Esta finde o centro social celebra o seu aniversario con varios actos e a agrupación musical participará nun festival en Nigrán

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Finde con actividade para os limiaos. O centro social da Limia Aguilhoar celebra o seu noveno aniversario este sábado desde as cinco da tarde. Os actos de celebración comezarán cunha conferencia aberta ao debate que leva por título “Repressom contra o independentismo” que será guiada por Maria Osorio. A palestra dará paso contra as 18:30 a unha sesión de xogos populares ao aire libre, na que os que se animen a participar poderán desfrutar dos entretementos máis nosos, a rá, a chave, os bolos, etc. Todo isto para ir abrindo boca a eso das 21:30 para unha cea “de irmandade” e unha gran foliada. Podes consultar o programa premendo aquí.

E mentres os mozos e mozas da Aguilhoar celebran os seus nove anos de actividade, o Coro Aimil participará no III Encontro de Coros Tradicionais: Cantares do Miñor. A cita será tamén maña, no salón de actos do concello pontevedrés de Nigrán, as 20:30 horas. O Coro Aimil compartirá cartel e escenario con Cantares de Brión, unha agrupación de Gondomar que é quen se  encarga da organización do concerto.