O albergue de peregrinos en Xinzo estará rematado o vindeiro 30 de setembro

albergue
O albergue de peregrinos en Xinzo estará rematado o vindeiro 30 de setembro

A concellería de Turismo estima que poida funcionar en dous meses

O albergue atópase na zona vella, a carón da Praza de Oriente. A construción ten no seu interior 14 camas na primeira planta para dar servizo ós peregrinos que se dirixen cara Compostela. No baixo haberá unha oficina de información turística.

Deste xeito Xinzo de Limia entra na rede de albergues do Camiño de Santiago. A obra de remodelación das tres casas estará rematada o 30 de setembro e supón un custe de 120 mil euros financiados pola Axencia de Turismo de Galicia. Para que o albergue comece a funcionar hai que esperar un mes a que se certifique a obra para despois poder abrir o local, segundo fontes da concellería de Turismo.O mantemento e o persoal do albergue corren a cargo do Xacobeo.

Dende o concello queren que con esta construción se cubra un servizo que non exsitía ata o momento para os camiñantes da Vía da Prata. O mesmo tempo, agardan que sexa un estímulo para rehabilitar casas na zona vella de Xinzo. "Estamos ante unha oportunidade de abrir negocios de hostalería por exemplo, pois o albergue non ten cociña", apunta o concelleiro de Tursimo, Carlos Gómez.