Ó ALCALDE DEULLE A PALABRA UN POR UN ÓS PROTAVOCES DOS GRUPOS PRESENTES

Puzle pleno
Ó ALCALDE DEULLE A PALABRA UN POR UN ÓS PROTAVOCES DOS GRUPOS PRESENTES
  Xosé Lois Carrera (BNG) “Agradeceu o cambio na actuación do Concello e levar a cabo a paralización do expedinte ....
Xosé Lois Carrera (BNG) “Agradeceu o cambio na actuación do Concello e levar a cabo a paralización do expedinte . Sigo mantendo o voto de confianza nesta corporación e no seu alcalde Pte. Alegrándome a vez de que haxa base legal para facer algo mais que manifestalo na prensa e tomar a decisión que acaba de comunicar o pleno e ós veciños presentes”. Sra. Lama (PSOE): Independentemente de non poder estudar o proxecto por falta de tempo, está a alarma social o estado de nerviosismo dos veciños e os perxuicios graves medioambientais que esa planta pode crear, está tamén o flagrante incumprimento do PXOM deste concello, que xa vin no informe negativo que fixo este concello a Xunta de Galicia. Penso que o alcalde está facultado para levar a cabo a paralización. Grazas ao alcalde por facer un fronte común cos veciños López Casas(PP): Cando hai temas importantes, que noutra administración serían de estado, e importante poñernos de acordo todos, e aquí estamos. Coincidimos todos que este é un tema perigroso. Hai unha sociedade que se vería gravemente afectada.. No propio proxecto técnico que presenta a empresa xa se ve que non é unha lotería, si non todo o contrario, contamina, molesta e incluso a administración fai referencia a emisión de contaminantes a atmosfera perigosos e incluso residuos altamente contaminantes e perigosos que terían que ser envasados nuns envases de dobre parede.Tamén e estraño que a empresa diga que pensa consumir 23.000 Lt. de auga por hora procedentes dunha balsa, que non hai,  e dun regato que todos coñecemos, e tampouco hai para o que eles pretenden facer e non llo vamos a permitir. No propio PXOM, estes terreos nos que se pretende instalar (solo rústico de protección ambiental) contempla a prohibición de instalación empresas que poidan ser altamente contaminantes. Vamos loitar contra esa instalación. Antonio Pérez -Alcalde : Propoño a non cobranza deste pleno. E repito para rematar: “ Maña a maña, eu por decreto, darei a orden de paralización, precinto desas instalacións e reposición da legalidade, e digo mais, o mesmo que dixen pola mina de S. Pedro, si isto se chegara a poñer en funcionamento, o día seguinte, dimito como alcalde.Estas foron as últimas palabras