O alcalde de Xinzo esixe que se retire a súa imputación na Operación Pokemon

O alcalde de Xinzo esixe que se retire a súa imputación na Operación Pokemon

A xuíza investiga o presunto impago dunha multa valéndose da súa condición de rexedor

O rexedor de Xinzo, Antonio Pérez, pide que se lle retire a súa imputación no marco da Pokemon por considerar que non existen indicios que a sustenten. A través dun escrito enviado ó xuzgado número 1 de Lugo, o alcalde solicítalle á xuíza o sobreesemento da súa causa ó entender que non hai feitos que proben que cometera un delito.

Pilar de Lara investiga unha presunta trama de impago masivo de multas na provincia de Ourense. Dentro deste listado aparece o nome de Antonio Pérez por presuntamente, non pagar unha multa da grúa municipal da capital valéndose da súa condición de rexedor. Como proba destes feitos hai unha chamada telefónica intervida a dous responsables do grupo Vendex. Nela, unha das persoas sinala que "está chamando o alcalde de Xinzo por un coche", ó que a outra persoa lle contestaría para indicarlle que se lle retire dita multa.

Pola súa banda, segundo informa Europa Press, a defensa do rexedor alega que hai un informe elaborado por Vixilancia Aduaneira que conclúe que "non se detectou ningún vehículo que poida relacionarse con el nin nos arquivos do grupo Doal nin no Concello de Ourense". O avogado entende que esa chamada puido non terse producido ou mesmo que unha persoa allea se fixo pasar polo alcalde pensando que sería "un bo elemento de presión", indica.

A defensa de Antonio Pérez arremete tamén contra o informe policial e sinala que a sobrecarga de traballo dos axentes asignados á Operación Pokemon puido contribuír a un erro ó pedir a imputación do rexedor de Xinzo. Apunta ademáis que o acalde non ten relación con membros de Vendex e que a grúa municipal nun lle retirou un vehículo.

Agora o escrito presentado polo alcalde de Xinzo xa están nos xuzgados lucenses á espera de que se pronuncie a Fiscalía.