Alfonso Carlos Lois, técnico de Cultura de Xinzo, premio Bispo Idacio nesta edición do Esquecemento

Premios
Alfonso Carlos Lois, técnico de Cultura de Xinzo, premio Bispo Idacio nesta edición do Esquecemento
Para hoxe, domingo, está prevista a adaptación do cruce do río Lethes, a partir das 17.00 horas tamén no Toural

Non só de teatro e música componse o programa da Festa do Esquecemento. Esta tarde entregouse o premio de investigación histórica Bispo Idacio a Alfonso Carlos Lois Suárez, técnico de Cultura do Concello de Xinzo, pola súa traxectoria na organización da festa e a súa dedicación. O acto tamén contou cunha homenaxe a Manolo Viso e a Óscar Fernández. A programación comezou onte con grandes doses de entretemento, espectáculos de lume e música que lograron implicar a decenas de veciños nunha edición na que se están a extremar as medidas de seguridade e que ten o Toural como principal escenario.

Lume2

Para hoxe está prevista a adaptación do cruce do río Lethes, a partir das 17.00 horas tamén no Toural. Un novo espectáculo circense poderá verse a partir das 19.00 horas e ás 20.30 horas subirá ao escenario Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Para asistir ao concerto será necesario inscribirse chamando aos números de teléfono 649 657 627 ou 678 120 607.

Ademais, a programación inclúe por primeira vez un Escape Room na praza Carlos Casares, sobre a temática da festa que se repetirá mañá. Tamén atraccións tradicionais para os máis pequenos na praza de San Roque, como carruseis de madeira.

Premios3

Cómpre destacar que o mercado de artesanía permanecerá instalado no Toural e que son unha vintena os postos que ofrecen os seus produtos a veciños e visitantes.

LumePremios2