Alfredo Valdés: "Non hai unha idade para facer o testamento vital"

36
Alfredo Valdés: "Non hai unha idade para facer o testamento vital"

No ano 2013 había 2.709 testamentos vitais e, durante o pasado 2017, chegouse aos 6.050.

Hoxe mércores, día 17 de xaneiro, tivo lugar a conferencia sobre o testamento vital organizada en Xinzo de Limia polo Servizo Galego de Saúde. No dendealimia.com falamos brevemente co ponente deste coloquio. Alfredo Valdés e Presidente do Comité de Ética Asistencia do Complexo Hospitalario de Ourense, ademáis de médico de atención primaria e experto en bioética médica.

Qué é o Comité de Ética Asistencial de CHOU?

É un órgano asesor en materia de cuestións relacionadas coa toma de decisións en situacións complexas de certas épocas da vida, relacionadas con situacións de limitación de soportes terapéuticos ou co comezo e o final da vida. Fundamentalmente temos tres funcións: resolver casos que se nos presentan tanto de profesionais, da propia institución ou da poboación en xeral; a formación e divulgación da bioética como o caso desta charla e, en terceiro lugar, a propia relación institucional.

Hoxe vés informar a Xinzo de Limia do testamento vital. ¿Cando debe facerse?

Non hai unha idade para facer o testamento vital. Ese é o punto álxido desta charla. A conferencia non é só para falar do testamento, senon dunha relación continuada de planificación antificada de decisión ao longo da vida conr especto ao futuro. O factor prinicipal é tomar decisións sobre o destino dos nosos órganos ou sobre tratamentos de saúde. Buscamos a autonomía na toma de decisións.

Que cousas se poñen máis habitualmente nese testamento vital?

As referencias máis habituais están relacionadas con limitacións de soporte de tratamento vital que sexan necesarias como unha conexión a un tubo respirador, alimentación por sonda ou outras medidas para alongar a vida sen calidade na mesma. Fundamentalmente o cabalo de batalla é a alimentación de soporte vital. Aínda que temos que falar de enfermos crónicas en situación terminal.

En Galicia está xa moi implantado este testamento vital?

No ano 2013 había 2.709 testamentos vitais e, durante o pasado 2017, chegouse aos 6.050. Vaise avanzando a pesar de que non é un tema fácil de introducir. Inflúe a falta de información e o descoñecemento, sobre todo.