Algaria reclama eliminación das barreiras arquitectónicas aos concellos da Limia

caixabankxinzo (2)
Algaria reclama eliminación das barreiras arquitectónicas aos concellos da Limia

Os responsables da asociación agradeceron publicamente aos responsábeis da oficina de Caixa Bank en Xinzo o seu interese e a recente mellora do acceso.

A Asocación Algaria, que leva anos loitando contra as barreiras arquitectónicas que dificultan a vida normal ás persoas con mobilidade reducida, vén de reclamar que aos concellos da comarca da Limia, que aproveiten a liña de axudas publicada no DOG hai uns días para a mellora da accesibilidade.

Dende Algaria afirman que "xa non hai excusas".

Así mesmo, afirman que "xa non hai excusas" pois a accesibilidade "é un dereito universal e como tal ten que plasmarse na realidade das nosas vidas".

Así mesmo, os seus responsables agradeceron publicamente aos responsábeis da oficina de Caixa Bank en Xinzo o seu interese e a recente mellora do acceso realizado na entrada desta entidade bancaria no que ao transporte adaptado se refire.