Xinzo acollerá a feira ALIMAGRO 2022 "con moita maquinaria e degustacións"

Presentación ALIMAGRO 2022
Xinzo acollerá a feira ALIMAGRO 2022 "con moita maquinaria e degustacións"
Os días 2, 3 e 4 de setembro comezan unhas xornadas de feira para "ensalzar a pataca da Limia"

A presentación da feira ALIMAGRO deste ano, tivo lugar esta mañá. Nela explicou Amador Díaz que este 2022 foi un ano agronómico dificil, con moita calor provocando unha merma na produción. Ademais, detalla que a recollida está sendo moi escalonada e hai fincas máis atrasadas. Á presentación tamén asistiron, Moncho Gómez e Manuel Pérez.

Moita maquinaria e desgustacións

O fin de ALIMAGRO explica Amador, que é a promoción do produto desta comarca da Limia e crear un escaparate "moi importante, con moita maquinaria e con degustacións todos os días, que é o importante, ensalzar a pataca da Limia".

Manuel Pérez Campos, concelleiro de Facenda, asistiu á presentación e afirma "Este grupo de goberno o primeiro que fixemos foi plantexarnos facer unha feira da pataca". Ademais está convencido de que "este é o camiño". Tense como obxectivo superar ou acadar o éxito da Feira do Comercio da pasada fin de semana, din que "non como competición senón por atraer a tanta xente a ver o noso produto e traballo"